Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 28/06/2021 | Orgullo 2021

Día do Orgullo LGTBIQ+: diversidade sexual e identidade de xénero sen barreiras

As persoas con dano cerebral adquirido reclaman respecto, inclusión e liberdade de decisión.

28/06/2021 | Galicia

As persoas con dano cerebral adquirido celebran o 28 de xuño, Día do Orgullo LGTBIQ+, lembrando que a reclamación dunha sociedade inclusiva e sen barreiras é unha cuestión integral, e que o respecto polas persoas ten que ir máis alá da súa orientación sexual e identidade de xénero, igual que da súa discapacidade.

Igual que dicimos "eu non son o meu dano cerebral", clamamos tamén que somos un colectivo de persoas libres e diversas. Por iso aproveitamos a data para esixir o fin de toda a discriminación por orientación ou identidade, igual que por discapacidade.

Porque é unha cuestión de dereitos humanos, seguimos traballando por unha sociedade plural e tolerante, con espazo para todas as persoas en igualdade e inclusión.

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Manifestos
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)