Xornadas sobre o Dano Cerebral Adquirido
Encontro de perfil científico-académico destinado a xerar e transmitir coñecemento sobre o dano cerebral adquirido a través das conferencias de especialistas en diferentes materias directa e indirectamente relacionadas co dano cerebral. Adoita ser tamén o marco no que se fai entrega, cada ano, do Premio FEGADACE - Miguel Blanco.
Saúde Oral e Dano Cerebral
Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral
Cos obxectivos de incrementar o coñecemento mutuo e mellorar a capacitación de todos os equipos profesionais implicados na atención ao dano cerebral adquirido, mesmo desde antes de que se produza (no ámbito da prevención), FEGADACE e a Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da USC organizaron en 2020 un Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral.
Vídeo da primeira xornada do Simposio (23/11/2020) | Vídeo da segunda xornada do Simposio (25/11/2020) |
Prevención, coidados, alteracións orais e tratamento odontolóxico en dano cerebral
Catro dos doutores que traballan na Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da USC explican desde diferentes puntos de vista a relación entre o dano cerebral adquirido e o coidado xeral da saúde oral. Ambas cuestións están relacionadas desde a prevención (pola relación entre periodontite e risco de ictus), coidados odontolóxicos, alteracións orais e tratamento odontolóxico das persoas con dano cerebral adquirido.
Información para profesionais
Outra das liñas de traballo abertas por FEGADACE e a Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da USC é a sensibilización e formación dos e das profesionais que atenderán ás persoas con dano cerebral. Este folleto informativo resume as principais recomendacións para odontólogos/as, hixienistas, etc.

