Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Documentos políticos

FEGADACE emite e participa na elaboración de posicionamentos políticos en colaboración con outras entidades a través das plataformas sociais das que fai parte. Estes documentos desenvolven o ideario da Federación nas áreas relacionadas coa atención ao DCA, discapacidade, cuestións sanitarias, pobreza e exclusión social, traballo, educación, e cantas estean vinculadas co exercicio dos dereitos e a mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido.

  • Estratexia valenciana de atención ao dano cerebral. A Conselleria de Sanitat Universal i Salut Pública da Comunidade Valenciana presentou o 20 de xuño de 2017 o documento que marca a estratexia de atención ao Dano Cerebral Adquirido nos anos 2017-2020 na Comunitat Valenciana. Esta estratexia é un fito para o colectivo do Movemento Asociativo do DCA, xa que é a primeira destas características que pon en marcha unha comunidade autónoma co espírito de atender a todas as persoas con DCA sen importar a súa idade ou situación socioeconómica. Na súa elaboración estiveron implicadas as asociacións de FEVADACE.
  • ILP Contra o Copagamento Confiscatorio. Durante o ano 2015, FEGADACE colaborou na campaña do CERMI 'Afirma os teus dereitos, asina contra o copagamento confiscatorio', destinada á recollida de sinaturas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a reforma da Lei de Dependencia e o e establecemento de criterios claros e xustos en relación coa capacidade económica e coa participación no custo das prestacións por parte das persoas beneficiarias. As sinaturas presentáronse na Xunta Electoral Central o día 30 de novembro.
  • Manifesto do Día da Discapacidade 2013. Manifesto 'SOS Discapacidade. Dereitos, Inclusión e Benestar a Salvo', elaborado polo CERMI Galicia para dar continuidade á campaña SOS Discapacidade, iniciada polo CERMI estatal en 2012, que desembocou na ILP Contra o Copagamento Confiscatorio.