Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Educación para a saúde

O dano cerebral é unha discapacidade adquirida, que pode chegar á vida da persoa en calquera momento da súa traxectoria. As causas, ben sexan doenzas, ben traumatismos, pódense previr.

FEGADACE trata de corresponsabilizar e animar á poboación con respecto á saúde transmitíndolle os coñecementos necesarios para a toma de decisións nas dimensións persoal (o autocoidado: alimentación, hixiene...), relacional (a adaptación social: consumo de drogas, convivencia...) e ambiental (os retos que formula o contorno: seguridade, accidentes, contornos saudables...).

Nesta sección detállanse os factores de risco do ictus, que se dividen en modificables e non modificables, e as nosas recomendacións para a prevención das principais causas do dano cerebral.

Camiñar