Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© X Empresa Solidaria | | Campaña EmpreXas que marcan

EmpreXas que marcan, para marcar o cambio: marca o cadro de Empresa Solidaria

Desde hoxe, e ata o 26 de xullo, pódese destinar o 0,7% do Imposto de Sociedades a fins sociais.

01/07/2021

Rematada a campaña do IRPF, comeza o prazo para presentar o Imposto de Sociedades -que vai do 1 ao 26 de xullo-. As compañías, ao igual que as persoas contribuíntes, tamén teñen a oportunidade de converterse en 'Empresa solidaria' destinando o 0,7% do seu imposto de sociedades a fins sociais.

O cadro de Empresa Solidaria está habilitado desde 2018 na Lei de Orzamentos Xerais do Estado, na disposición Adicional 103: Asignación de cantidades a actividades de interese xeral consideradas de interese social. Converterse en empresa solidaria é tan sinxelo como marcar ese cadro.

Co X de Empresa solidaria marcas:
 
  • Innovación, promovendo o desenvolvemento e novos valores
  • Alianzas coas entidades non lucrativas para que ninguén quede atrás
  • Sustentabilidade, garantindo o equilibrio entre o crecemento económico, o medio ambiente e o benestar social
  • Reconstrución social, apoiando a Axenda 2030 para axudar ás persoas que máis o precisan a saír desta crise
 
#EmpreXasquemarcan

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > X Solidaria