Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© SERMEF | 29/06/2021 | Proxecto XDC (Por el Daño Cerebral) da SERMEF

Enquisa da SERMEF para mellorar a rehabilitación das persoas con dano cerebral

A sociedade solicita a colaboración do colectivo para perfeccionar a atención e os servizos de medicina física.

30/06/2021 | Online

A Sociedade Española de Rehabilitación e Medicina Física (SERMEF) puxo en marcha o proxecto 'Por el daño cerebral (XDC)' co obxectivo de mellorar a atención en rehabilitación das persoas con dano cerebral adquirido crónico.

Basean o proxecto no diálogo entre pacientes e profesionais e, para coñecer as impresións e experiencias do primeiro grupo, prepararon unha enquisa para a que solicitan a colaboración das persoas con dano cerebral.
 
Cubrila leva entre 20 e 30 minutos. Os resultados obtidos presentaranse en reunión a FEDACE, que está a colaborar con SERMEF no proxecto. Tamén servirán de base á sociedade rehabilitadora para traballar na mellora da situación das persoas con dano cerebral, buscando dar cobertura ás persoas nunha situación crónica, constatado que a atención no sistema público está, agora mesmo, limitada á fase hospitalaria.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido