Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sergas | 27/01/2021 | Información básica da Xunta de Galicia sobre o coronavirus

Entran en vigor as novas medidas de restrición para o control da pandemia

Mobilidade restrinxida ao ámbito municipal e reunións prohibidas cando menos ata o 17 de febreiro.

27/01/2021 | Galicia

Hoxe, 27 de febreiro, entraron en vigor as novas medidas de prevención que sitúan a toda Galicia ao nivel máximo de restrición da interacción social co obxectivo de frear o ritmo de contaxios por COVID-19 e controlar a pandemia. As medidas anunciadas pola Xunta de Galicia estarán activas, cando menos, ata o 17 de febreiro.

Mobilidade limitada ao ámbito municipal. Poderase, iso si, saír do concello de residencia por motivos sanitarios, laborais, educativos, ou para o coidado de persoas maiores, menores ou en situación de dependencia.

Reunións prohibidas. Limitadas á asistencia á persoas maiores, menores e en situación de dependencia, ou por motivos laborais ou educativos.

Toque de queda. Non se poderá saír de 22:00 a 6:00 hh.

Visitas hospitalarias interrompidas. Existe a excepción de acompañamento a persoas dependentes.

Ademais, o comercio ten os seus horarios limitados, a hostalería só poderá funcionar para entrega a domicilio, e pechan os centros sociais e dispositivos culturais. Mantéñense abertos, iso si, os centros de día.

Aconséllase en xeral limitar as saídas a pequenos paseos, evitando os contactos.

Decreto e Orde da Xunta de Galicia:

DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2 (Xunta de Galicia)

ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Sanidade)

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19