Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEDACE | | Fragmento da portada da guía de inclusión sociolaboral de FEDACE

Entrevista sobre inclusión sociolaboral das persoas con DCA en Convivir

A educadora social Noelia Parente explica na Radio Galega como se aborda este labor desde as asociacións.

15/01/2019 | Santiago de Compostela

"É importante ter un traballo porque te sentes autónomo, seguro, e para demostrar aos demais que podes facer o mesmo que eles, con adaptacións, pero o mesmo que eles". Son palabras dunha perosa con dano cerebral participante nun proxecto de reforzo á empregabilidade de persoas novas con discapacidade salientadas ao inicio do documento 'Inclusión sociolaboral. Guía metodolóxica de intervención e boas prácticas na inclusión sociolaboral de persoas con dano cerebral adquirido'.

Noelia Parente, educadora social e coordinadora do Servizo de Atención Diúrna Ocupacional de Sarela, é unha das autoras da guía, promovida por FEDACE. Parente respondeu onte ás preguntas da xornalista Clara de Sáa no programa da Radio Galega Convivir, onde falaron das necesidades de inserción laboral das persoas con dano cerebral, da adaptación do emprego ás secuelas invisibles, ou dos recentes cambios no Réxime do Traballo Autónomo, con beneficios para a discapacidade adquirida.

A entrevista completa pode lerse aquí.
O documento 'Inclusión sociolaboral. Guía metodolóxica de intervención e boas prácticas na inclusión sociolaboral de persoas con dano cerebral adquirido' pode descargarse aquí.

Arquivada en: