Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Alento | 07/02/2020 | Cartel da Escola DCA de Alento

A Escola DCA de Alento abordará as secuelas invisibles no dano cerebral adquirido

Esta actividade formativa analizará a atención e a memoria nas persoas con esta discapacidade.

07/02/2020 | Vigo

O proxecto 'Escola DCA' que desenvolve ALENTO volve cunha nova sesión neste mes de febreiro. Nesta ocasión, a entidade viguesa vai impartir a formación 'Secuelas invisibles no Dano Cerebral: a atención e a memoria', que analizará estas dúas secuelas cognitivas que máis impacto teñen na calidade de vida das persoas con DCA.  

A acción formativa que impartirá a neuropsicóloga de ALENTO, Amparo Rodicio, abordará aspectos como a maneira de afrontar os erros na atención, as estratexias para traballar e potenciar a atención desde casa, ferramentas de compensación de memoria ou a relación entre estas dúas funcións, entre outros.

Para facilitar a asistencia dun maior número de persoas, a asociación organiza dúas sesións que se celebrarán no seu centro. A primeira delas será o mércores 19 de febreiro, en horario de 17 a 19h, mentres que a segunda terá lugar ao día seguinte pola mañá, de 10 a 12h. As persoas interesadas en asistir a esta actividade, poden contactar con ALENTO no teléfono 986229069 ou no correo electrónico info@alento.irg

A Escola DCA é un programa posto en marcha pola entidade olívica no ano 2017 co obxectivo de ofrecer información e formación a quenes acompañan no desenvolvemento persoal e social de persoas con Dano Cerebral Adquirido: as familias, as persoas voluntarias e os/as profesionais.

 

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > Familias e persoas coidadoras
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Alento Asociación de Dano Cerebral (Vigo - Pontevedra)