Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 01/04/2019 | Presentación na Asemblea Xeral de FEGADACE

Este sábado tivo lugar en Compostela a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación

Aprobadas as Contas e a Memoria de 2018, así como o Plan de Actividades e o Orzamento de 2019.

01/04/2019 | Santiago

Este sábado tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria de FEGADACE, que reuniu na sede de Sarela, en Santiago de Compostela, a 17 persoas. A Asemblea da Federación está aberta aos membros das xuntas directivas de FEGADACE e das súas cinco asociacións.

No encontro aprobáronse as Contas Anuais e a Memoria de 2018, así como o Plan de Actividades e o Orzamento de 2019.

Entre as iniciativas a desenvolver a partir de 2019 salienta a aprobación do Plan de Igualdade de FEGADACE e das asociacións Federadas para o período 2018-2020, así como a implicación na iniciativa para a creación dunha marca común para todo o movemento asociativo do DCA a nivel estatal.

O presidente de FEGADACE e as persoas que ocupan o mesmo cargo nas asociacións realizaron, ademais, breves informes de situación das súas respectivas entidades, compartindo inquedanzas e plans para o exercicio 2019.

Arquivada en:
Transparencia > Rendición de contas
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)