Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Dúas mans compoñen un corazón

Estudo sobre o impacto da crise da COVID-19 nas persoas coidadoras non profesionais

Recollida de datos a través dun cuestionario online confidencial aberta ata o 27 de novembro.

18/11/2020 | Online

A Fundación Pere Tarrés está realizando un estudo sobre a calidade de vida das persoas coidadoras non profesionais e sobre o impacto na mesma da crise sanitaria e social da COVID-19. Financiado polo Ministerio de Sanidade, este estudo pretende saber se a vida das persoas coidadoras mellora ao recibiren algún servizo ou axuda económica, e cales son os de máis utilidade.

O estudo atópase en fase de recollida de datos, e a súa entidade promotora anima a todas as persoas que se atopen na situación descrita a participar cubrindo un cuestionario confidencial online sobre a experiencia particular co labor de coidados. A cobertura do cuestionario, que se pode atopar nesta ligazón, leva aproximadamente dez minutos.

O proceso de recollida de datos finaliza o 27 de novembro.

Cuestionario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe1-w0KTLXjtzp9GRLbAsZlLkntqa3gBzLd04AQOwl7Fh24CA/viewform

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > Familias e persoas coidadoras