Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 03/09/2019 | O psicólogo, profesor e investigador José Luis Bimbela

'Ética práctica para unha mellor comunicación no ámbito socio-sanitario'

Intervención do psicólogo, docente e investigador da Escola Andaluza de Saúde Pública José Luis Bimbela.

10/09/2019 | Santiago de Compostela

No seu blog (El Blog de Bimbela), José Luis Bimbela emprega o termpo counselling para referirse ao conxunto de habilidades emocionais, de comunicación e de motivación que axudan ás persoas -neste caso as coidadoras, sexa formais ou informais- a conseguir os seus obxectivos co menor custo persoal ("queime" profesional ou estrés das/os familiares coidadoras/es) posible.

Profesor, consultor e investigador na Área de Xestión de Servizos e Profesionais de Saúde da Escola Andaluza de Saúde Pública (Junta de Andalucía - Granada), José Luis Bimbela Pedrola vai pechar a Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido falando de 'Ética práctica para unha mellor comunicación no ámbito socio-sanitario' (13:30).

É Doutor en Psicoloxía (Universidade de Barcelona), Máster en Saúde Pública (Universidade de Barcelona), Máster en Drogodependencias (Universidade de Barcelona), Diplomado en Sexoloxía Clínica (ISEP Barcelona) e Experto en Formación de Formadores (INEM, Goberno de España).

Na Escola Andaluza de Saúde Pública dirixe o Máster propio 'Comunicación para a Saúde e a Aprendizaxe' (EASP-UGR-SEMFYC). Tamén exerce como profesor convidado en diferentes escolas e facultades dos ámbitos da saúde, bioética, pedagoxía ou administración sanitaria.

Exerce como investigador principal en proxectos europeos sobre ‘Xente nova e VIH/SIDA’. EASP. Junta de Andalucía - Unión Europea (1997-2000). Investigador principal en proxectos españois ‘Prevención da transmisión sexual do VIH/SIDA en xente nova’. EASP. Junta de Andalucía - Fundación FIPSE. Ministerio de Sanidade e Consumo (2000-2002). Investigador no proxecto ‘AMAS. Aproximación Multidisciplinar para a abordaxe da SIDA’. Fundación La Caixa. Barcelona. 2002.

É membro da Cátedra María José Faus Dáder de Atención Farmacéutica. Facultade de Farmacia. Universidade de Granada. Granada (desde 2011). Membro do Grupo INQUAS (Innovació y Qualitat en Acció Social). Liña de investigación en Envellecemento e Lonxevidade (REL) da Fundació Pere Tarrés. Universidade Ramón Llull. Barcelona (desde 2011). Membro do Banco de Avaliadores Internacionais do Fondo Arxentino Sectorial (FONARSEC). Axencia Nacional de Promoción Científica e Tecnolóxica do Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación Produtiva da Nación. Arxentina (desde 2012). Membro do Instituto de Investigación Biosanitaria de Granada (desde 2013).

Libros publicados: Cuidando al cuidador. Counseling para médicos y otros profesionales de la salud (3ª ed.). Escuela Andaluza de Salud Pública: Granada, 1996; Sida y jóvenes. La prevención de la transmisión sexual del VIH (2ª ed.). Escuela Andaluza de Salud Pública: Granada, 1997: Sociología del sida. CIS. Siglo XXI: Madrid: 2002; Mi chico no quiere usar condón. Estrategias innovadoras para la prevención de la transmisión sexual del VIH/SIDA. Escuela Andaluza de Salud Pública: Granada, 2003; Herramientas para mejorar la adhesión terapéutica del paciente. El caso de la diabetes (5ª ed.). Escuela Andaluza de Salud Pública: Granada, 2006; 50 lecciones de management. Capítulo Los directivos, afortunadamente, también lloran. Granica: Barcelona, 2007; Cuidando al profesional de la salud. Habilidades emocionales y de comunicación (8ª ed.). Escuela Andaluza de Salud Pública: Granada, 2007; Cuidando al formador. Habilidades emocionales y de comunicación (2ª ed.). Escuela Andaluza de Salud Pública: Granada, 2007; Gimnasia emocional. Pasamos a la acción. Escuela Andaluza de Salud Pública: Granada, 2008; Gimnasia social. La práctica. Escuela Andaluza de Salud Pública: Granada, 2009; El Bienestar del docente. Vivir bien educando. Con el Colectivo ‘Equipo Cuidem-nos’. Graó: Barcelona, 2011; Cuidando al directivo. Cuatro estaciones de gozo y un epílogo de dolor. Escuela Andaluza de Salud Pública: Granada, 2011; Liderar con corazón. Escuela Andaluza de Salud Pública: Granada, 2014; Yo decido. La tecnología con alma (2ª ed.). Desclée De Brouwer: Bilbao, 2015.

A Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido dedícase á reflexión sobre ‘Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética’. Terá lugar o 28 de setembro desde as 9:00 na Facultade de Filosofía da USC, en Santiago de Compostela. A inscrición está aberta ata completar aforo e é gratuíta. Pode formalizarse nesta ligazón.

#XornadaDCA

Arquivada en:
A Federación > Proxectos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)