Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | | Un intre do vídeo 'Eu non son o meu dano cerebral'

Eu non son o meu dano cerebral: medos, soños, vivencias e perspectivas

As persoas usuarias das nosas asociacións toman a palabra para conmemorar 20 anos de historia.

04/06/2021 | Galicia

En 2020 fixéronse dúas décadas de movemento asociativo do dano cerebral adquirido en Galicia. ADACECO, Alento e Sarela cumprían 20 anos que non se puideron apenas celebrar por causa da pandemia, pero que se conmemoraron cun libro e un vídeo titulados Eu non son o meu dano cerebral adquirido. 20 anos de movemento asociativo do dano cerebral adquirido en Galicia.

Ademais, as persoas con dano cerebral tomaron a palabra para afirmar o que di o lema da conmemoración, que son persoas, non o seu dano cerebral: #eunonsonomeudanocerebral

FEGADACE e as súas asociacións presentaron un vídeo no que as persoas con dano cerebral falaban dos seus medos, soños, vivencias nos últimos 20 anos, e perspectivas para as dúas décadas que veñen. Eis algunhas pezas soltas:
 
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)