Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© INICO e Universidade de Oviedo | | Resumo dos resultados do estudo

Que factores sociais se asocian á calidade de vida tras un dano cerebral?

Investigadoras do INICO e da Universidade de Oviedo estudaron as variables que inciden nun maior benestar.

12/02/2021

As persoas con parella, maior nivel educativo, emprego, que viven de maneira independente, que teñen un apoio intermitente, un grao de dependencia moderado e non están incapacitadas legalmente tralo dano cerebral son as que experimentan unha maior calidade de vida trala chegada da discapacidade.

Estas son as principais conclusións dun estudo realizado por profesionais do Instituto Universitario de Integración a la Comunidad (INICO), dependente da Universidade de Salamanca, e da Universidade de Oviedo, baseándose na escala CAVIDACE e nun cuestionario sobre aspectos sociodemográficos e clínicos realiazdo a 421 participantes (40% de mulleres e 60% de homes).

O estudo tamén recolle que variables clínicas se relacionan cunha maior calidade de vida despois do dano cerebral: as lesións máis recentes, cunha localización bilateral e ausencia de amnesia.

Son os principais datos do póster presentado no XI Congreso Nacional de Neuropsicología, en 2019.

Segundo o equipo investigador, estas conclusións serven para ter un maior coñecemento sobre a condición da persoa con dano cerebral adquirido e de como lle afecta a discapacidade; ofrecen indicacións para o establecemento de plans de apoio e estratexias de rehabilitación; e contribúen, en definitiva, á mellora da calidade de vida do colectivo.

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Modelo e principios de atención