Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Subaguda: a rehabilitación

A persoa está estabilizada e ten que empezar a recibir rehabilitación. O modelo de rehabilitación interdisciplinar que proporcionan as asociacións de dano cerebral está baseado nun equipo composto por profesionais do traballo social, fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia e neuropsicoloxía. Este correspóndese co Modelo de Atención a Persoas con Dano Cerebral Adquirido elaborado polo Imserso.

Nesta fase comezan os problemas para as familias. Aínda que esta fase debería desenvolverse en Unidades de Rehabilitación Hospitalaria, hospitais de día ou unidades de atención ambulatoria, aquí comeza a carencia de recursos públicos, e o labor das asociacións de persoas con dano cerebral. Moitas persoas son dadas de alta sen posibilidade de acceder aos recursos de rehabilitación que necesitan.

Sesión de fisioterapia en Sarela