Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEDACE | 10/09/2020 | Encontro sobre o dano cerebral (25 anos de FEDACE)

FEDACE organiza en setembro dous encontros virtuais sobre o dano cerebral

O día 17 tratará sobre a fase subaguda e o 24 falarase sobre a situación laboral do colectivo.

10/09/2020 | Online

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) fai 25 anos, que se conmemoran cunha serie de encontros sobre o dano cerebral que, en principio, debían ser presenciais. O contexto epidemiolóxico obrigou a FEDACE a adaptalos para a súa organización online, e dentro dese programa está prevista a xornada sobre 'Fase subaguda do dano cerebral' o vindeiro 17 de setembro. É preciso inscribirse aquí.

O programa ocupa toda a mañá e inclúe unha mesa sobre 'As asociacións de dano cerebral: pasado, presente e futuro' e as seguintes conferencias:

  • Factores preditores de recuperación no dano cerebral, por Susana Rodríguez González (Médico Especialista en Medicina Física e Rehabilitación do Hospital Universitario Vall D’Hebrón, Barcelona)
  • Novas tecnoloxías ao servizo das persoas con Dano Cerebral e as súas familias, por Eloy Opisso (Coordinador Executivo da Oficina de Investigación e Innovación do Institut Guttmann)
  • Atención a persoas con Dano Cerebral con alteracións graves de conduta. Impacto na vida familiar-necesidades, por Jesús Ruiz (Neuropsiquiatra, Hospital Nuestra Sra. de la Merced, Barcelona)
  • Espai TRACE: “Nunca Solos”. Programa de atención a persoas con Dano Cerebral e familias na Associació Catalana Traumatismes Cranioencefàlics i Dany Cerebral, TRACE, por Lourdes Andreu (Xerente e traballadora social de TRACE)


A seguinte cita será o 24 de setembro cun almorzo sobre a 'Situación laboral das persoas con dano cerebral en España', no que se vai presenta ro informe executivo do estudo sobre o mesmo tema que elaborou FEDACE.

O encontro comeza ás 11:00, a inscrición pode tramitarse aquí, e está previsto que participen María del Carmen Ferrer Montalbán, presidenta de ADACEA Alicante; Beatriz Fernández Milla, traballadora social de ADACEA Alicante; Sonia Lobato Lobato, directora de Formación e Emprego da Fundación ONCE; Mar Barbero Lázaro, directora de FEDACE; e José Manuel González Huesa, director xeral de Servimedia, como moderador.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral