Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Federación Española de Daño Cerebral

Logotipo de FEDACEA Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) reúne 46 asociacións de familias e persoas con dano cerebral a nivel estatal, e está integrada na BIF (Federación Europea de Dano Cerebral). FEGADACE está implicada nas seguintes instancias:

Xunta Directiva. Hai dous cargos da Xunta Directiva de FEDACE ocupados por asociacións galegas: Luciano Fernández (secretario de Sarela e presidente de FEGADACE) é o presidente, e Juan Luis Delgado (vicepresidente de ADACECO) é o tesoureiro.

Asemblea Xeral.

Grupos de traballo.

20 Aniversario. FEDACE cumpriu 20 anos en 2015. Para celebralos, organizou unha serie de 'Encontros polo DCA' nos que repasou a súa traxectoria como movemento asociativo e reflexionou sobre os retos para o futuro. FEGADACE e as asociacións galegas estiveron especialmente implicadas no encontro de Santiago, que tivo lugar na Cidade da Cultura o 28 de novembro de 2015. Estivo adicado a ‘Proxectos de vida: promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con DCA’.