© 8photo en Freepik. | 27/10/2023 | Ofertas de traballo.
FEGADACE abre o proceso de selección para tres postos a través da contración temporal
Búscase técnica/o de apoio á xestión da calidade, educador/a social e terapeuta ocupacional.
A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) abre o proceso de selección de persoal para cubrir tres postos de emprego temporal:
-
Técnica/o de Apoio á Xestión da Calidade, á Promoción da Igualdade e á Mellora Organizacional.
-
Educador/a Social.
-
Terapeuta Ocupacional para Servizos Sociosanitarios de Proximidade.
Nos tres casos, trátanse de contratos de 12 meses de duración, vencellados á subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito da colaboración coas entidade sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. O período de contratación estimado está comprendido entre 05/12/2023 e o 04/12/2024 e a contratación está condicionada á concesión da citada subvención.
Ofrécense condicións salariais segundo o Convenio Colectivo de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade e unha xornada laboral correspondente ao 75% da xornada fixada no citado convenio. O horario de traballo é de luns a venres de 8:30h a 14:30h (con flexibilidade entrada e saída por medidas de conciliación persoal).
O centro de traballo é a sede de FEGADACE, con saídas dentro do ámbito da comunidade autónoma de Galicia en función do posto.
A continuación, detállanse as características e requisitos de selección de cada un deles.
Técnica/o de Apoio á Xestión da Calidade, á Promoción da Igualdade e á Mellora Organizacional
Funcións
- Garantir o cumprimento do SXC implantado conforme a norma UNE EN ISO 9001, co obxectivo de satisfacer dun xeito integral tanto as necesidades dos “clientes internos” (entidades asociadas a FEGADACE, usuarios e familiares de persoas con dano cerebral) como dos “externos” (grupos de interese identificados pola Federación), obtendo a mellora dos procesos que o conforman, a través da revisión periódica e o análise dos resultados. Lograr que todas as persoas traballadoras de FEGADACE desenvolvan os procesos da entidade dun xeito eficiente, logrando xerar uns servizos cun elevado grao de calidade, que cumpran tanto os requisitos legais e regulamentarios aplicables á entidade como os que se definan internamente.
- Impulsar a implantación do Plan de Igualdade 2024-2027 de FEGADACE, responsabilizándose da coordinación no despregue e posta en marcha das medidas definidas.
- Apoiar no proceso de elaboración do III Plan Estratéxico da Federación 2025-2027.
Requisitos
-Perfil académico
- Titulado/a universitaria no ámbito das Ciencias Sociais ou da Educación (Traballo Social, Educación Social, Psicoloxía, Pedagoxía,..), das Ciencias do Traballo, Relacións Laborais ou Empresariais.
- Formación en materia de Sistemas de Xestión de Calidade e manexo das ferramentas de xestión básicas, no ámbito social e de entidades sociosanitarias.
- Formación en materia de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, Promoción de Igualdade de Xénero ou similar
- Desexable coñecemento e/ou formación específica en metodoloxías de planificación e execución de proxectos sociais (EML ou similar) e planificación estratéxica.
- Manexo avanzado de ferramentas informáticas básicas (Word, Excel, PowerPoint, Bases de Datos, Internet).
-Experiencia profesional e outros
- Desexable experiencia previa, mínimo de 1 ano en posto similar, desenvolvendo funcións xestión da calidade, promoción da igualdade ou planificación estratéxica en entidades sociais.
- Desexable experiencia previa en planificación, execución, seguimento e avaliación procesos organizacionais no sector social.
- Desexable experiencia previa como dinamizadora-facilitadora grupos de traballo, grupos focais ou de participación no marco de procesos de planificación.
- Valorarase dispoñibilidade mobilidade xeográfica na comunidade autónoma de Galicia.
- Valorarase carné de conducir e vehículo propio.
Educador/a Social
Funcións
- Coordinar e participar no deseño, execución, seguimento e xustificación de proxectos, programas e intervencións do ámbito da educación e o traballo social, orientados a promover e acadar a máxima autonomía persoal, determinación social, e independencia das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias.
- Coordinar e participar, cando sexa requirido na planificación e desenvolvemento de accións de sensibilización, información, visibilización e concienciación da sociedade sobre o dano cerebral adquirido.
- Integrarase nun equipo multidisplinar conformado por profesionais do traballo social, psicoloxía-formación, terapia ocupacional, logopedia, comunicación, administración-xestión económica e dirección.
- Saídas frecuentes para a execución das actividades que lle son propias (organización e execución de accións en materia de ocio e deporte inclusivo, capacitación e información en diferentes áreas de persoas e familias con DCA e poboación xeral, accións de promoción da cidadanía activa, de integración socio-comunitaria, programas de autonomía persoa e socioeducativos, asesoramento e acompañamento do proceso formativo, orientación laboral, etc.) así como para coordinación con as asociacións federadas, outros/as colaboradores/as, ou a outros lugares onde se desenvolvan actividades que requiran da súa presenza e coordinación.
Requisitos
-Perfil académico
- Titulado/a Universitario/a en Educación Social.
- Desexable formación de Pos-Grao en Discapacidade Intelectual e/ou Cognitiva, Dependencia, Políticas de Intervención Social e Comunitaria,...
-Experiencia e outros
-
Desexable experiencia previa demostrable, mínimo de 1 ano en posto similar, desenvolvendo funcións propias da educación social en entidades sociais de atención á discapacidade, dependencia, ou de índole sociosanitario.
-
Valorable experiencia previa en planificación, execución, seguimento e avaliación técnica de proxectos sociais.
-
Imprescindible dispoñibilidade de mobilidade xeográfica na comunidade autónoma de Galicia.
-
Imprescindible dispor de carné de conducir e vehículo propio.
-
Flexibilidade para, puntualmente, cambiar xornada laboral en horario de tarde, en función de horarios de actividades.
Terapeuta Ocupacional para Servizos Sociosanitarios de Proximidade
Funcións
- Atención e intervención con persoas con dano cerebral adquirido.
- Realizar a xestión operativa e execución de actividades desde a súa área de especialización, no marco dos Servizos Sociosanitarios de Proximidade para Persoas con Dano Cerebral Adquirido, que teñen entre os seus obxectivos principais: a promoción da calidade de vida das persoas con DCA e as súas familias priorizando as áreas rurais, aplicando a súa especialidade técnica como terapeuta ocupacional, tanto de xeito directo coma de apoio aos servizos prestados polas entidades que conforman o movemento asociativo do dano cerebral adquirido de Galicia; (ii) a participación en accións formativas en todas as súas fases (concepción da formación, deseño de contidos, docencia,...); (iii) a aplicación da TO en accións dirixidas ao fomento do ocio inclusivo e o dereito á participación cidadá.
- Integrarse en equipo de atención sociosanitaria de proximidade, xunto con persoal de logopedia, traballo social, técnica de formación e educación social. Ademais poderán serán apoiados/as e reforzadas/os por outros perfís profesionais, tanto da federación como das entidades membro, cando se estime necesario.
Requisitos
-Perfil académico
- Titulación universitaria en Terapia Ocupacional (imprescindible).
- Desexable formación de Posgrao en temáticas de Intervención Terapéutica na Discapacidade, Neuro-rehabilitación, Dependencia, Políticas de Intervención Social, Comunitaria,...
-Experiencia e outros
- Valorable experiencia previa, mínimo de 1 ano en posto similar, desenvolvendo funcións propias de terapia ocupacional, en entidades sociais de atención á discapacidade, dependencia, ou de índole sanitario.
- Imprescindible dispoñibilidade de mobilidade xeográfica na comunidade autónoma de Galicia.
- Imprescindible dispor de carné de conducir e vehículo propio.
Proceso de presentación de candidaturas
As persoas interesadas nalgunha das ofertas debe presentar a súa candidatura a través da seguinte ligazón:
Non se terán en conta solicitudes presentadas fóra desta plataforma nin aqueles perfís que non se axusten ao solicitado. Tampouco poderán ser contratadas persoas que foran contratadas por un período igual ou superior a seis meses, ao abeiro das axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Consellería de Emprego e Igualdade (actual Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade), no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas, que se relacionan:
- Orde do 9 de maio de 2019 (DOG núm. 98, do 24 de maio: TR352C 2019).
- Orde do 3 de agosto de 2021 (DOG núm. 159, do 19 de agosto: TR352A 2021).
- Orde do 12 de xullo de 2022 (DOG núm. 139, do 21 de xullo: TR352A 2022).
As entrevistas realizaranse a partir do 13 de novembro de 2023.
FEGADACE promove e cree na igualdade e a non discriminación entre mulleres e homes desde o firme compromiso e convicción coa igualdade de oportunidades, a inclusión e o respecto pola diversidade. Non se toleran actitudes machistas, discriminatorias nin de acoso sexual ou por razón de sexo, nin identidade de xénero. Igualmente, non se aplican sesgos negativos para as persoas candidatas por cuestións de sexo, xénero, estado civil ou cuestións persoais vencelladas ao sexo ou xénero. A Federación incentiva a presentación de candidaturas que omitan datos de identificación persoal (nome, fotografía, enderezo electrónico, ..) e que fagan constar unicamente un teléfono de contacto, de tal forma que non sexan coñecidos os datos identificativos durante o proceso de preselección.