Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 08/06/2020 | Captura de pantlla da Asemblea 2020

FEGADACE aproba a memoria e contas de 2019 na súa primeira Asemblea Xeral online

A xuntanza tamén deu o visto e prace ao orzamento e ao Plan Operativo de 2020.

08/06/2020 | Galicia

FEGADACE celebrou, o pasado 5 de xuño, a súa Asemblea Xeral Ordinaria de 2020. Na xuntanza aprobáronse as contas anuais e a memoria de actividades de 2019, así como a planificación orzamentaria e o Plan Operativo de 2020.
 
Esta foi a primeira ocasión na que a Asemblea de FEGADACE se realiza virtualmente debido á recomendación de non manter reunións presenciais no marco da prevención de potenciais contaxios pola COVID-19 recollida polo Plan de Continxencia de FEGADACE e as súas asociacións.
 
Á Asemblea asistiron 15 persoas: os membros da Xunta Directiva da Federación e representantes das xuntas directivas das cinco entidades, así como a directora de FEGADACE.
 
Os documentos aprobados poden consultarse na sección de Transparencia da web.

Arquivada en:
Transparencia > Rendición de contas
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)