Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Concello de Lalín | 13/10/2021 | Begoña Hermida (directora de FEGADACE), José Crespo (alcalde de Lalín), Luciano Fernández (presidente de FEGADACE) e Paz Pérez (concelleira de Política Social), de esquerda a dereita

FEGADACE asina un convenio con Lalín para realizar actividades no concello

Organizaranse charlas, obradoiros ou unha exposición, co obxectivo de sensibilizar sobre o dano cerebral.

13/10/2021 | Lalín

O presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, e o alcalde de Lalín, José Crespo, asinaron o venres 8 de outubro un convenio de colaboración no marco do cal o concello vai ceder á Federación espazos para a realización de diferentes actividades de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido.

O acordo ten como obxectivo sensibilizar e concienciar á poboación lalinense sobre a casuística e dimensión do dano cerebral adquirido (necesidades de atención, apoio, recursos dispoñibles...), así como desenvolver actividades de promoción da saúde para a prevención das causas desta discapacidade.

Está previsto que FEGADACE organice diferentes sesións informativas (para público xeral, para centros educativos) e obradoiros para o persoal do Servizo de Axuda no Fogar, que leve a mostra 'Punto e seguido' (con fotografías sobre o día a día das persoas con dano cerebral), e outras actividades de tipo informativo, cultural e deportivo a definir durante a vixencia do acordo, prevista para catro anos.

Arquivada en:
Transparencia > Documentos corporativos
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)