Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Formación en competencias dixitais

FEGADACE busca consultora para Capacitación en Competencias Dixitais

Publicados os termos de referencia da oferta de contratación do servizo, aberta ata o 11 de abril.

29/03/2021 | Galicia

A irrupción da pandemia da COVID-19 provocou que múltiples servizos e actividades se viran suspendidos e trasladados ao ámbito online. O caso das asociacións de dano cerebral non foi unha excepción, e a adaptación de parte do seu labor (asesoramento, rehabilitación, orientación, trámites...) ao eido dixital puxo en evidencia a existencia dunha enorme fenda dixital na base social de FEGADACE.

Para paliar esta situación e capacitar ás persoas e familias con dano cerebral, FEGADACE puxo en marcha en 2021 o programa Stop Fenda Dixital. Esta iniciativa inclúe, entre outras actividades, a impartición de obradoiros formativos.

A Federación Galega de Dano Cerebral busca un servizo de consultoría para a elaboración e execución dun Plan de Capacitación en Competencias Dixitais. Os seus termos de referencia poden consultarse aquí. O prazo para a recepción de ofertas permanece aberto desde hoxe, 29 de marzo, ata o 11 de abril ás 23:59.

No documento de termos de referencia detállase o marco do proxecto, as habilidades concretas nas que se pretende formar ás persoas con dano cerebral e as súas familias (emprego de dispositivos, uso básico de internet, xestión de aplicacións...), as actividades mínimas a realizar, os prazos de execución e pagamento, así como os requisitos e outras cuestións que rexerán o acordo entre FEGADACE e a consultora seleccionada.
 
As ofertas poden remitirse, dentro do prazo indicado, aos enderezos de correo electrónico direccion@fegadace.org e fegadace@fegadace.org.

O programa Stop Fenda Dixital está financiado grazas ás persoas contribuíntes que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Accesibilidade e TIC
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)