Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 18/12/2020 | Boas festas e feliz 2021

A Federación Galega de Dano Cerebral deséxache boas festas e un feliz 2021

Cómpre non esquecer a prevención do DCA: hábitos saudables tamén no nadal e precaución na estrada.

23/12/2020 | Galicia

A Federación Galega de Dano Cerebral deséxache boas festas e un feliz e saudable 2021, cheo de recursos para as persoas con dano cerebral adquirido e de dereitos para as persoas con discapacidade.

Ictus

A pesar das particularidades deste ano, marcado polo coronavirus e pola limitación das reunións para comidas e ceas, o Nadal é unha época de excesos. Cómpre non esquecer, especialmente as persoas que pertencen a grupos de risco, como as que teñen diabetes ou hipertensión, que se deben manter igualmente uns hábitos de vida saudables: non pasarse coas comidas e os postres, tratar de manter unha alimentación equilibrada, e evitar o sedentarismo con paseos nas sobremesas, xogos e deportes, ou calquera outra actividade física moderada.

Accidentes de tráfico

O coronavitus tamén está limitando os desprazamentos. Aínda así, se vas coller o coche, moito coidado con seguir todas as normas de seguridade viaria. Os accidentes de tráfico son a segunda causa do dano cerebral, e increméntanse nos períodos vacacionais.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización