Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 20/12/2021 | Nadal 2021

FEGADACE deséxache boas festas e un feliz aninovo!

Por un 2022 cheo de inclusión e de dereitos cumpridos para as persoas con dano cerebral adquirido.

20/12/2021 | Galicia

A Federación Galega de Dano Cerebral deséxache boas festas e un feliz aninovo. Agardamos que 2022 sexa un ano cheo de inclusión e de dereitos cumpridos para as persoas con dano cerebral e para as súas familias, no que poidamos ver culminada a reforma do artigo 49 da Constitución, de maneira que o noso marco legal se adapte ao enfoque social da discapacidade da Convención de Nacións Unidas.

Tamén vos desexamos unhas festas seguras e saudables:
 
  • Libres de coronavirus. Nun contexto tan desfavorable como o presente, queremos lembrar as principais recomendacións a seguir para minimizar o risco de contaxios reducindo os encontros. Atópaas aquí.
  • Cheas de prevención do dano cerebral. Os desprazamentos por estrada aumentan no Nadal. Este incremento, xunto coas circunstancias climatolóxicas, fai que haxa que dobrar os esforzos para evitar os accidentes de tráfico, que son a segunda causa do dano cerebral. Tamén os xantares e ceas adoitan ser máis copiosos do habitual. Tentar manter unha dieta equilibrada tamén nas festas, prestando atención ao consumo de grazas, azucres ou alcol, contribúe para a prevención do ictus, que é a primeira causa do dano cerebral.
 
O Nadal tamén é unha época de agasallos, compras e consumo. Tenta reducilo e engade ás túas adquisicións un xesto solidario. Podes colaborar coas persoas con dano cerebral adquirido mercando online a través de Wapsi. Facelo é moi sinxelo e, sen pagar máis, destinas unha parte do teu pagamento a FEGADACE. Wapsi conta cunha base de datos de ducias das principais tendas online de todo tipo de sectores e actividades.

A oficina de FEGADACE permanecerá aberta durante as festas, agás na semana que vai do 24 ao 31 de decembro. Volveremos o día 3 de xaneiro de 2022 coas pilas cargadas para seguir traballando na defensa dos dereitos das persoas con dano cerebral adqurido e as súas familias.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)