Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 22/12/2022 | Felicitación Nadal 2022

FEGADACE deséxavos boas festas e un 2023 inclusivo e saudable

O vindeiro ano seguiremos traballando polos dereitos e a calidade de vida das persoas con dano cerebral.

22/12/2022 | Galicia

Remata 2022, un ano de enorme importancia para o colectivo do dano cerebral adquirido e para FEGADACE. Nestes doce meses elaborouse o primeiro Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral Adquirido en Galicia; a Federación iniciou un proxecto que implica un salto cualitativo tanto a nivel de prestación de servizos como de promoción da vida persoal e da vida independente, o proxecto Rumbo; e entramos a formar parte da Xunta Directiva da nosa Federación estatal, FEDACE.

Así, só nos queda desexar ás asociacións, persoas e familias con dano cerebral adquirido, ao voluntariado, e a toda a cidadanía galega, unhas festas tranquilas e saudables, e un 2023 cargado de dereitos, inclusión, e novos retos para continuar mellorando a calidade de vida do nos colectivo.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)