Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Eroski Consumer | | Eroski Consumer

FEGADACE estrea colaboración coa revista Consumer cun artigo sobre prevención

O boletín online do grupo Eroski publicará cada dous meses un texto sobre o dano cerebral adquirido.

19/07/2021

Un artigo sobre a prevención do dano cerebral no Camiño de Santiago é o punto de partida da colaboración que estrean este mes a revista Eroski Consumer e a Federación Galega de Dano Cerebral. O obxectivo do acordo é incluír no boletín, especializado en alimentación, saúde e benestar, contidos que sirvan para informar á poboación sobre as causas, consecuencias e realidade diaria do colectivo do dano cerebral.

Esta primeira colaboración aproveita o verán e as vacacións para informar sobre as principais causas do dano cerebral, e como previlas, no marco dunha actividade de lecer que non para de gañar seguidores e seguidoras: o Camiño de Santiago. Trátase dunha actividade física que contribúe a manter o corpo e o cerebro san e activo, pero que tamén implica riscos a nivel de accidentes, golpes e caídas, que poden causar traumatismos cranioencefálicos que á súa vez teñan como consecuencia un dano cerebral.

Os textos de FEGADACE estarán elaborados polo seu equipo profesional e os das asociacións, para achegar unha información especializada e concreta á audiencia de Consumer. Publicaranse cada dous meses e FEGADACE realizará o anuncio na súa páxina web e redes sociais.
 
Le aquí o primeiro artigo:

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)