Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 10/05/2021 | Charla sobre o dano cerebral en Coristanco

FEGADACE imparte unha charla sobre o dano cerebral en Coristanco o 9 de xuño

A traballadora social da Federación falará de causas, prevención e modelo de rehabilitación.

09/06/2021 - 09/06/2021 | Coristanco

O ciclo de charlas sobre o dano cerebral adquirido que FEGADACE desenvolve no marco do programa 'Promove, Entende, Actúa' chega a Coristanco o 9 de xuño. A traballadora social da Federación vai falar sobre prevención, causas, consecuencias e secuelas, e modelo de atención e rehabilitación nunha actividade informativa aberta a toda a poboación do concello.
 
As autoridades municipais solicitan, iso si, realizar unha inscrición previa na Biblioteca Municipal, por teléfono no 651 66 49 08, ou a través do correo electrónico biblioteca@coristanco.gal.
Lugar de celebración:

Edificio de Servizos Múltiples (Rúa Pataca s/n)
Coristanco
11:00 hh.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)