Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ARASAAC | 15/05/2023 | Xornalista

Oferta de emprego en FEGADACE: buscamos un/unha Técnico/a de Comunicación

Para contratación por substitución, o proceso está aberto ata o 15 de xuño de 2023
 

15/05/2023 | Santiago de Compostela

En FEGADACE buscamos unha persoa para o posto de Técnica/o de Comunicación que se incorporará temporalmente para apoiar no desenvolvemento da estratexia de comunicación da Federación (relación e traballo con medios, apoio en contidos dixitais, RRSS, noticias e publicacións de FEGADACE,...), seguindo as prioridades estratéxicas no eido comunicativo de FEGADACE e as entidades federadas.
 
Obxectivos do Posto:
En dependencia da Dirección da entidade, as súas principais funcións serán as de coordinar todos os aspectos relacionados coa visibilización da entidade e das súas asociacións, así como do propio dano cerebral adquirido, a través de (i) accións de difusión externa nos medios sociais e nos que lle son propios, (ii) medidas para favorecer a coordinación e comunicación interna, (iii) da execución -desde a formulación ao seguimento e xustificación- de proxectos nas áreas de sensibilización, prevención, formación e información, e (iv) do apoio na formulación e difusión de programas non específicos da área, na súa vertente comunicativa e de difusión.
 
Principais funcións e responsabilidades:
 
FUNCIÓNS XERAIS DE COMUNICACIÓN EXTERNA
  • Execución de accións de comunicación en liña co Plan Estratéxico de FEGADACE e en función dos Plans Operativos Anuais de proxectos ou plans.
  • Apoio transversal ao equipo da federación na preparación e desenvolvemento de plans de comunicación para s proxectos de FEGADACE.
  • Creación de contidos para RRSS e web: difusión de noticias, campañas, incidencia política, adaptación das mensaxes do movemento asociativo a distintos colectivos, etc.
  • Supervisión da cobertura dos medios; recompilacióne cobertura de prensa; análise de resultados e estatísticas cualitativos e cuantitativos.
  • Asistencia na organización de eventos e actividades da federación.
  • Participación en grupos de traballo e entidades de segundo nivel que poidan axudar posicionar as mensaxes da Federación a nivel externo.
  • Identificar e propoñer colaboracións e eventos con axentes da industria cultural, medios, etc. para aumentar a difusión da concienciación social sobre o dano cerebral.
  • Elaborar informes e documentos estratéxicos sobre o panorama dos medios de comunicación social e reportar novidades que poidan fortalecer as accións de visibilización de FEGADACE  e o dano cerebral.
  • Elaborar e enviar boletíns periódicos coa actividade federativa.
 
FUNCIÓNS XERAIS DE COMUNICACIÓN INTERNA
  • Accións de comunicación interna para o reforzo da cohesión: elaboración e distribución de informes, coordinación de grupos de traballo...
  • Apoio e asesoramento ás asociacións, Dirección e Xunta Directiva en tarefas e actividades relacionadas coa comunicación.
  • Deseño, con ou sen asesoramento externo, segundo proceda, de materiais de comunicación e sensiblización, que emanen das decisións estratéxicas sobre comunicación social.
  • Manter actualizada a lista de contactos de provedores, medios de comunicación, de industria cultural, deseño gráfico, audiovisual, e outras relevantes na área de comunicación.
  • Elaboración de informes mensuais e de outra periodicidade que se poida determinar, co apoio da dirección e o resto do equipo
  • Coordinar o GT de comunicación coas entidades federadas, traballando para garantir a coherencia entre a comunicación efectuada por todas as asociacións membro e a federación.
 
FUNCIÓNS TRANSVERSAIS
  • Participar nas planificacións periódicas, execución e avaliación dos proxectos en curso.
  • Participar na elaboración das planificacións operativas e memorias anuais técnicas de cada proxecto.
  • Participar en todas as reunións e encontros de coordinación internos e periódicos do equipo de traballo, así como en outros que poidan ser requiridos segundo demandas específicas.
  • Apoio e soporte técnico á Dirección e resto de equipo na programación, execución e xustificación de toda as actividades implantadas
  • Apoio na formulación, execución, seguimento e xustificación técnica dos programas e proxectos promovidos pola entidade, que non sexan especificamente de comunicación.
  • Xestión e control da documentación e fontes de verificación asociada aos proxectos e programas.
  • Realización de tarefas que poidan xurdir e cuxa responsabilidade de execución sexa consensuada e distribuída de maneira equilibrada entre os distintos membros do equipo.
 
Competencias profesionais e académicas:
  • Requerido:
    • Titulación universitaria superior (Licenciatura en Xornalismo, Ciencias da Comunicación, Sociais ou afíns.
    • Coñecementos e uso frecuente de medios, plataformas e redes de comunicación social para promoción das accións da organización.
    • Destreza en manexo de bases de datos e ferramentas de newsletter tipo Acumbamail (ou similar).
    • Xestión e edición de contidos web.
    • Amplos coñecementos en redes sociais e medios de comunicación.
    • Capacidade de interlocución e negociación áxil con medios de comunicación e proveedores.
  • Desexable:
    • Valorable formación postgrao en Comunicación Social, Marketing Social, RRSS, Fundraising, ou similares.
    • Coñecemento do ámbito da discapacidade e do dano cerebral adquirido.
    • Coñecemento dos recursos sanitarios e sociais existentes no seu ámbito de actuación
    • Coñecemento e experiencia no Terceiro Sector de Acción Social.
    • Desexable experiencia, coñecemento e/ou formación específica en metodoloxías de planificación (Enfoque de Marco Lóxico), execución e xustificación de proxectos sociais.
  • Identificación e aliñamento coa visión e valores de FEGADACE.
  • Requirido carnet de conducir e dispoñibilidade de vehículo.
  • Coñecemento superior dos idiomas galego e castelán falado e escritos
  • Valorarase especialmente o coñecemento de inglés ou outras linguas estranxeiras.
Competencias e habilidades persoais:
  • Habilidades organizativas e de planificación.
  • Carácter dinámico e proactivo
  • Comunicación fluída e oratoria
  • Capacidade de análise e de traballo eficiente con prazos definidos.
  • Capacidade de xestión de tarefas dentro de múltiples proxectos ao mesmo tempo.
  • Flexibilidade e capacidade de adaptación ás necesidades da entidade
  • Identificación cos valores e misión e compromiso coa organización
  • Traballo orientado a obxectivos e resultados con atención ao detalle e á precisión
  • Facilidade para integrase en equipo multidisciplinar.
 
Condicións laborais:
  • Centro de Traballo:  Santiago de Compostela, Sede da Federación. Con desprazamentos puntuais para apoio en posibles actividades fóra de Santiago. Posibilidade de teletraballo 1 día á semana.
  • Condicións salariais: as estipuladas en convenio colectivo vixente (XV CC Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade) para a xornada laboral e categoría profesional correspondente.
  • Tipo de contrato: Xornada parcial. Contrato temporal por substitución. 
 
Presentación candidatura:
 
Na sección “traballa connosco” da web de FEGADACE: https://fegadace.epreselec.com/Ofertas/Ofertas.aspx?Id_Oferta=2776996. Só se aceptarán candidaturas presentadas por esta vía. 
 
Fecha límite de envío: 15 de xuño 2023.
Incorporación: a partir 3 de xullo   2023.
As entrevistas terán lugar a partir da semana do 19 de xuño de 2023.
 
 
 

Arquivada en:
Traballa connosco > Traballa connosco
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)