Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Francisco Castro | 17/07/2018 | O escritor Francisco Castro

FEGADACE prepara un proxecto co escritor Francisco Castro e a editorial Galaxia

Divulgación sobre o funcionamento do cerebro e sensibilización sobre o DCA van da man nesta iniciativa.

19/07/2018 | Galicia

A Federación Galega de Dano Cerebral e a asociación Alento (Vigo) preparan un proxecto literario con Francisco Castro e coa Editorial Galaxia, da que o escritor é director xeral.

Este proxecto de ficción arredor do dano cerebral adquirido, do que se darán todos os detalles despois do verán, inclúe varias sorpresas e actividades. Vai tocar temas como a divulgación científica sobre o funcionamento do cerebro -e como este órgano se ve afectado polo DCA-, a inclusión das persoas con dano cerebral, e a sensibilización social con respecto a esta discapacidade e o respecto á diferenza.

O proxecto está dirixido sobre todo ao público xuvenil, en idade de escolarización obrigatoria.

Máis información en setembro!

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)