Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© CDR O Viso | 07/03/2023 | Reunión de FEGADACE co CDR O Viso

FEGADACE reúnese co CDR O Viso para estudar posibles colaboracións

Interese compartido polo pleno desenvolvemento das persoas con discapacidade no rural da Limia.

07/03/2023 | A Limia

A traballadora social de FEGADACE estivo o 28 de febreiro no Centro de Desenvolvemento Rural O Viso para presentar o labor da Federación e coñecer os servizos e proxectos da entidade limiá. O obxectivo da xuntanza foi estudar vías de colaboración que redunden na mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido residentes na comarca da Limia, así como a realización de accións de sensibilización e dinamización que contribúan á promoción da saúde e polo tanto á prevención da nosa discapacidade.

O CDR O Viso ten como misión acompañar ás persoas do medio rural limián no seu desenvolvemento individual e colectivo. Para ese fin desenvolven proxectos educativos -centrados na educación ambiental-, servizos comunitarios de proximidade, iniciativas de información e participación social e de inclusión social e laboral.

Máis detalladamente, O Viso está a desenvolver un proxecto denominado 'Biocoidados', que conta con varios puntos -tanto a nivel de obxectivos como de servizos e actividades- en común co Proxecto Rumbo no que traballa FEGADACE.

A Federación presentoulle ao CDR as iniciativas que está a desenvolver nas áreas da información, formación e sensibilización, así como os servizos de atención e rehabilitación das asociacións de dano cerebral (especialmente os de DCA Ourense, a entidade de referencia para A Limia) e os que no ámbito sociosanitario e con carácter de proximidade está a poñer en marcha a mesma Federación.

Precisamente no ámbito da prestación de servizos sociosanitarios é onde o CDR xa implantou tanto a información a distribución de información sobre os mesmos.

Nas vindeiras semanas ambas entidades asinarán un convenio de colaboración que regulará as actividades a desenvolver en conxunto, e que tamén se irán presentando a través das páxinas web e redes sociais do CDR e de FEGADACE.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Outras entidades
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)