Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 11/05/2021 | Reunión de FEGADACE con la Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

FEGADACE reúnese coa Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

Colaboración no marco do proxecto 'Camiñando polo dano cerebral', que a Federación impulsa en 2021.

11/05/2021 | Santiago

Buscar vías de colaboración para a prevención do dano cerebral adquirido no Camiño de Santiago foi o principal obxectivo da xuntanza que mantiveron onte á tarde FEGADACE e a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS). A reunión -telemática- contou coa participación, pola AMCS, do seu xerente, Víctor López. Por parte de FEGADACE estiveron o presidente, Luciano Fernández, a directora, Begoña Hermida, e a traballadora social, Carla Miranda.

FEGADACE está a desenvolver un proxecto que, baixo o lema 'Camiñando polo dano cerebral', reúne diferentes accións de información, sensibilización e, sobre todo, promoción da saúde e prevención do dano cerebral adquirido que se van lanzar nas vindeiras xornadas, e que ocuparán boa parte deste 2021. Este proxecto inclúe diferentes actividades, que van desde a visibilización do dano cerebral á información para a prevención do dano cerebral, nomeadamente por traumatismos cranioencefálicos, dirixida ás persoas que fan o Camiño de Santiago.

Precisamente nesta última liña é na que encaixa a colaboración coa AMCS. FEGADACE pretende ir ao local, aos concellos nos que se deteñen as distintas etapas de todo o abano de camiños a Compostela, para trasladar a información para a prevención. A AMCS amosou o seu interese nestas actividades, e tamén por abrir unha vía de apoio das mesmas, sentando as bases dunha colaboración que se vai concretar nas vindeiras semanas.

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Prevención
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)