Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

FEGADACE xera un retorno social de case 6 euros por cada euro mobilizado

A federación elaborou no último ano un estudo sobre o valor social xerado polo movemento asociativo do dano cerebral en Galicia.

21/11/2019 | Galicia

A Federación Galega de Dano Cerebral e as súas entidades membro xeran un valor social de 5,96 euros por cada euro mobilizado, tanto a través da súa actividade económica como a través do cumplimento da súa misión. Esa é a principal conclusión do estudo 'Monetización Social xerado por FEGADACE e as entidades federadas', elaborado en relación ao exercicio 2018. Este proxecto de innovación social dentro do sector da discapacidade de Galicia e España desenvolveuse entre outubro de 2018 e setembro de 2019, contando co apoio da Fundación Barrié e da Fundación Roviralta, dentro da convocatoria Más Social do ano 2017.

Outro dos datos que desprende este estudo é que o impacto social da actividade económica de FEGADACE, o Valor Social de Mercado, é de 3.479.796,71€. É dicir, a federación e as súas entidades devolven á sociedade 1,27 Euros por cada euro mobilizado a través do pago de salarios, impostos, Seguridade Social ou proveedores, entre outros aspectos.

O informe foi presentado esta mañá polo responsable de proxectos da federación, Adolfo González, no VIII Annual Congress of Global Economic Accounting: Valor Social e Desenvolvemento Sostible, organizado por COGAMI en Santiago de Compostela. Este estudo creouse cos obxectivos de calcular o retorno social e económico da inversión en recursos e servizos de atención ao DCA en Galicia; e de identificar, medir e valorar monetariamente o valor social xerado por FEGADACE e as súas entidades membro en Galicia.

O proceso da análise do valor social contou cun equipo de traballo formado por profesionais de FEGADACE e das cinco asociaciòns galegas de dano cerebral, ó que se uniu a participación de Emilio Ruzo e Alejandro Pan, coordinadores do equipo de traballo da Universidade de Santiago de Compostela, e de José Luis Retolaza Ávalos, profesor de Economía da Deusto Business School e membro de GEAccounting, quen desenvolveu a metodoloxía que foi aplicada.

Esta medición do valor social de FEGADACE e as súas entidades integrarase nos vindeiros exercicios de rendición de contas e transparencias anuais, para comprobar o impacto social que a nosa acción ten, especialmente nas persoas con dano cerebral adquirido de Galicia e as súas familias.

O informe completo xa está dispoñible para a súa visualización e descarga na seguinte ligazón

 

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Investigación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)