Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 05/01/2021 | Fragmento do folleto explicativo do estudo

Finaliza o estudo sobre saúde e calidade de vida das persoas coidadoras

No proxecto desenvolto en 2020 participaron preto de 300 coidadoras de persoas con dano cerebral.

05/01/2021 | Galicia

No ano 2020 a Federación Galega de Dano Cerebral, xunto coa consultora Retnova, puxo en marcha o 'Estudo sobre saúde e calidade de vida das persoas coidadoras de persoas con dano cerebral', co obxectivo de coñecer o impacto que supón estas tarefas de coidado teñen sobre a súa saúde e calidade de vida, cun análise especial sobre a desigualdade de xénero.

Este proxecto, desenvolto co apoio da Fundación Barrié e da Fundación Roviralta, contou coa participación de case 300 persoas coidadoras das asociacións ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela. Os datos proporcionados permitiron definir un perfil das coidadoras de persoas con dano cerebral en Galicia e determinar as diferenzas deses efectos dos coidados segundo o sexo da persoa.  

A información recompilada no estudo debe axudar a transformar as intervencións das entidades respecto ás persoas coidadoras así como para realizar accións de incidencia dirixidas ás Administracións públicas para demandar respostas concretas para a súa situación. FEGADACE presentará o estudo e as súas principais conclusións nas vindeiras semanas.





 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Investigación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)