© FEGADACE | 16/12/2021 | Portada da Escola Dano Cerebral de FEGADACE
Finaliza o primeiro curso da Escola Dano Cerebral online creada por FEGADACE
A Federación ten previsto repetir a formación, dirixida a persoal dos Servizos de Axuda no Fogar, en 2022.
Onte, 15 de decembro, rematou a primeira edición do primeiro curso da Escola Dano Cerebral, unha iniciativa creada por FEGADACE para promover a capacitación para a atención ao dano cerebral.
Este primeiro curso titulouse 'Atención no fogar de persoas con dano cerebral adquirido', tivo unha duración de 18 horas e contou coa participación de 50 estudantes. A demanda para participar foi tan elevada que se creou unha lista de agarda para unha segunda edición, a organizar en 2022.
A actividade formativa estaba dirixida a traballadoras e traballadores dos Servizos de Axuda no Fogar dos concellos, co obxectivo de dotalos de coñecementos específicos para a atención ás persoas con dano cerebral. O fin último é mellorar a calidade da atención que reciben as persoas con dano cerebral, facilitando tamén aos equipos profesionais encargados da axuda no fogar o desenvolvemento das súas tarefas grazas a un mellor coñecemento das mesmas.
Escola Dano Cerebral
Ademais do curso 'Atención no fogar de persoas con dano cerebral adquirido', FEGADACE ten previsto dar continuidade á Escola Dano Cerebral con outras accións formativas dirixidas a diferentes públicos, tanto profesionais como doutros ámbitos: persoas con dano cerebral, familias, voluntariado...
A Escola Dano Cerebral é unha das iniciativas de transformación dixital emprendidas por FEGADACE como reacción á crise sanitaria do coronavirus. Combinadas con accións para reducir a fenda dixital na nosa base social, con elas a Federación pretende seguir adiante coa súa actividade cotiá nas condicións de maior seguridade posible.
Nos vindeiros meses iranse anunciando as novas edicións e titulacións a través da web e redes sociais da Federación.