Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Financiadores

FEGADACE conta con diferentes fontes de financiamento para o seu mantemento e o desenvolvemento das actividades coas que contribúe ao cumprimento dos seus obxectivos:

Fontes propias

  • Cotas: Todas as entidades socias de FEGADACE abonan unha cota anual por seren membros da Federación.
  • Campañas de captación de fondos: FEGADACE desenvolve puntualmente actividades e campañas de captación de fondos.

Fontes públicas

  • Consellería de Política Social: Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), para o financiamento dos programas de Atención Ambulatoria, de Rehabilitación Funcional e Inclusión Social de persoas con dano cerebral adquirido e do Mantemento da Federación e das entidades federadas.
  • Consellería de Política Social: Subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria: Programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro para a promoción do emprego.
  • Deputación da Coruña
  • Fundación Galicia Europa
  • Outras: colaboración puntual coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do SERGAS, e coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, na organización de actividades formativas relacionadas co dano cerebral.

Fontes privadas

  • Doazón online: A Federación ten habilitado un espazo para a realización de doazóns a través da súa páxina web.
  • Fundación Banco Santander
  • Fundación Barrié
  • Fundación Roviralta
  • Obra Social La Caixa