Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© Alento | 07/02/2019 | Charla sobre autodeterminación na Escola DCA de Alento

Formación sobre 'Autodeterminación. O dereito a dedicir por si mesmo/a' en Vigo

A asociación Alento organiza na súa sede dúas sesións, de mañá e de tarde, o mércores 20 de febreiro.

20/02/2019 - 20/02/2019 | Vigo

A autodeterminación é un proceso que supón gañar control e experiencia na propia vida. Respectar este dereito nas persoas con dano cerebral implica respectar as súas decisións, o que non sempre se cumpre tanto por sobreprotección como por falta de apoios para tomar decisións.

A psicóloga e coordinadora do centro de día de Alento, Laura Ramírez, falará sobre como potenciar a autodeterminación no contexto da Escola DCA da asociación.

Para facilitar a asistencia, haberá unha sesión de mañá e outra de tarde. Hai máis información no teléfono 986 229 069 ou en info@alento.org.

Lugar de celebración:

Asociación Alento
Rúa Pedra Seixa, s/n - Navia

Horario:
10:30 a 12:30
17:00 a 19:00

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Alento Asociación de Dano Cerebral (Vigo - Pontevedra)