Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 09/03/2023 | Curso sobre o novo baremo de discapacidade

Formación sobre 'O novo baremo de discapacidade no dano cerebral adquirido'

FEGADACE abre a inscrición na actividade ata o 14 de marzo; a sesión será online o día 15 do mesmo mes.

09/03/2023 | Online

O director do Centro de Valoración da Discapacidade da Axencia Navarra para a Autonomía e o Desenvolvemento das Persoas, Javier Zugasti Moriones, vai ser o encargado de impartir a sesión formativa que organiza FEGADACE sobre 'O novo baremo de discapacidade no dano cerebral adquirido'.

A Federación tentará así tratar de resolver as dúbidas que os equipos profesionais e familias de persoas con dano cerebral están a ter trala aprobación do Real Decreto 888/2022, de 18 de outubro, polo que se establece o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.

A sesión formativa vai ser online, o día 15 de marzo ás 18:00 horas, e terá unha duración aproximada dunha hora. A inscrición, de balde, está aberta ata o 14 de marzo e pode tramitarse aquí:
 
Formulario de inscrición
 
A organización da actividade conta coa colaboración do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, ligado aos fondos NextGenerationEU da Unión Europea (Proxecto Rumbo).

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Formación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)