Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 22/08/2019 | Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido 2019

Formulario de inscrición na Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido do 28 de setembro

A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo do salón de actos da Facultade de Filosofía da USC.

28/09/2019 - 28/09/2019 | Santiago de Compostela

A Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido de 2019 vai ter lugar o sábado 28 de setembro en Santiago. Dedícase a reflexionar sobre 'Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética', e será o marco de entrega do 7º Premio FEGADACE - Miguel Blanco á Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC. Consulta aquí o programa completo.

A asistencia é aberta e gratuíta (ata completar aforo). Para formalizala cómpre cubrir o seguinte formulario:

 

Lugar de celebración:

Salón de Actos
Facultade de Filosofía (USC)
Praza de Mazarelos, s/n
Santiago de Compostela

09:00 a 14:30

Arquivada en:
A Federación > Proxectos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)