Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEDACE | | Estudo sobre o dano cerebral no rural da FEDACE

Galicia é unha das catro comunidades con máis persoas con dano cerebral no rural

Un estudo da FEDACE analiza como afecta á calidade de vida do colectivo vivir fóra das áreas urbanas.

21/02/2023

As comunidades autónomas con porcentaxes máis altas de persoas con dano cerebral adquirido no medio rural, en relación coa totalidade do colectivo, son Castela León, Castela A Mancha, Andalucía e Galicia. En termos globais, a nivel estatal, o 23% das persoas con dano cerebral adqurido reside en zonas rurais, un total de 96.637 mulleres e homes.

Estas e outras conclusións despréndense da investigación realizada pola Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE), e que acaba de ser publicada co título de 'Estudio sobre las personas con daño cerebral adquirido en el medio rural'. O documento analiza o colectivo e analiza de que maneira vivir nunha contorna rural condiciona a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido.

Ademais de analizar bibliografía, o estudo analiza a información recollida a través dunha consulta online dirixida ás propias persoas con dano cerebral que viven no medio rural, xunto con entrevistas a profesionais de varias asociacións, entre elas Sarela.

O 27% das persoas con dano cerebral adquirido en zonas rurais vive soa; delas, o 53% ten dificultade para desenvolverse con normalidade na súa vivenda e arredores, e o 52% presenta dificultades para empregar as TIC.

O estudo conclúe que vivir nunha área rural multiplica as situacións de discriminación, pola falta de recursos especializados de anteción, que implica unha necesidade de desprazamento. Esta necesidade, á súa vez, significa que o transporte se volve imprescindible, o que se traduce en gastos extra, deixando fóra da posibilidade de acceder a recursos ás persoas con ingresos máis baixos.

O resumo da investigación conclúe con dez propostas para paliar esta situación e reducir a fenda de acceso que afecta ás persoas con dano cerebral adquirido que residen no rural.
 

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Que é o dano cerebral adquirido