Acalculia: É un trastorno que impide comprender conceptos matemáticos ou funcións numéricas.
Accidente cerebrovascular: Ver sección ictus.
Acinesia: Significa que o corpo non pode realizar movementos con normalidade. Pódese producir porque houbo unha parálise ou un coma.
Actividades da Vida Diaria (AVDs): Actividades que se levan a cabo habitualmente, como comer, vestirse, ducharse (básicas) ou chamar por teléfono, utilizar medios de transporte, manexar diñeiro... (instrumentales). A nosa capacidade de desenvolvernos de forma autónoma indica o noso nivel de dependencia.
Alexia: Perda de capacidade para a lectura.
Afasia: Perda da capacidade para expresarse por medio da fala, a escritura ou os signos. Segundo o tipo de afasia tamén pode referirse á comprensión da linguaxe falada ou escrita. Todo iso debido a unha lesión cerebral.
Agnosia: Incapacidade de recoñecer estímulos a través dos sentidos. As funcións sensoriais parecen intactas, pero un problema cognitivo impide recoñecer obxectos, sons, o espazo... en función da área do cerebro lesionada e do tipo de agnosia producida.
Agrafia: Perda da capacidade de escribir.
Amnesia: Perda total ou parcial da memoria. Polo xeral a amnesia pode ser retrógada, que impide recordar as experiencias previas á lesión cerebral, ou anterógrada, que impide xerar novos recordos. A aparición da amnesia é habitual nos primeiros momentos tras unha lesión cerebral e no proceso de espertar tras un coma pode darse de forma transitoria. Máis adiante podería desaparecer. A gravidade da amnesia está relacionada coa gravidade da lesión e coa área do cerebro lesionada.
Aneurisma: É a dilatación dun vaso sanguíneo que se presenta nas arterias.
Apatía: Falta de entusiasmo. As actividades que antes se facían con normalidade xa non se afrontan con motivación.
Atrofia muscular: Tras perder a mobilidade dalgunha parte do corpo a persoa non pode exercitar os seus músculos. Isto provoca un deterioro dos mesmos e, en consecuencia, a atrofia.
Broncoaspiración: A comida ou os líquidos pasan involuntariamente ás vías respiratorias.
Cerebro: Órgano central do sistema nervioso. Encárgase de procesar toda a información necesaria para a realización de calquera actividade motora e cognitiva; así como da recepción da información sensitiva enviada dende calquera parte do organismo para a percepción táctil, térmica, etc.
Cognición: Capacidade de coñecer de e procesar información que se xera a través das percepcións e experiencias.
Concentración: Capacidade de centrar a completa atención nunha actividade sen sentirse desorientación, cansazo ou tensión.
Contusión cerebral: Dano cerebral producido por un golpe ou impacto na cabeza.
Craneotomía: Cirurxía na que se extrae parte de óso do cráneo para poder acceder ao cerebro. Ao final a intervención, o óso recolócase no seu lugar orixinal.
Dependencia: A persoa necesita axuda para realizar Actividades Básicas da Vida Diaria como a hixiene, desprazamentos, alimentación ou o vestido; entre outras.
Diplopía: Alteración da visión pola que as imaxes percibidas polos ollos non se procesan nunha soa no cerebro, polo que o resultado é a visión dobre.
Disartria: Dificultade para articular palabras por mor da debilidade, parálise ou falta de coordinación da musculatura da fala. Segundo o nivel de gravidade, hai dificultades para pronunciar fonemas en concreto, cambios na velocidade do fala omitindo sílabas, ou, directamente, gran dificultade de comprensión por parte da persoa receptora do discurso. A disartria pode estar acompañada de disfaxia.
Discapacidade: Limitación física, mental, intelectual ou sensorial que afecta a unha persoa e que impide, nalgunhas ocasións, que desenvolva actividades coas mesmas posibilidades que o resto de cidadáns e cidadás. A discapacidade non provén só do estado da persoa, tamén da contorna -espazos e persoas- e o preparada que estea para convivir coas persoas con discapacidade.
Disfaxia: Dificultade para tragar alimentos.
Disfonía: Perda do timbre normal da voz, ata alcanzar rouquén.
Epilepsia: Enfermidade cerebral que provoca ataques repentinos causando convulsións ou ata a perda do coñecemento. Isto dáse por un trastorno no cerebro. Normalmente estes episodios duran algúns segundos ou minutos.
Escala Glasgow: Escala utilizada para valorar o nivel de consciencia existente tras unha lesión cerebral. A escala valora distintos graos de resposta en canto a apertura ocular, resposta motora e resposta verbal.
Espasticidade: A espasticidade é un trastorno motor asociado a múltiples enfermidades e discapacidades. A súa orixe atópase nunha alteración do sistema nervioso central que provoca un aumento do ton muscular dificultando e/ou imposibilitando total ou parcialmente o movemento dos músculos afectados. Guía de Convives con Espasticidad.
Estado vexetativo (ou Síndrome de Vixilia sen Resposta - SVR): O estado vexetativo fai referencia a un estado de vixilia, en ausencia de resposta cara un/ha mesmo/a ou cara a contorna, no que se só se observan respostas motoras reflexas, sen interacción voluntaria cara o medio. Recentemente propúxose cambiar o termo polo de Síndrome de Vixilia sen Resposta e é posible que, aos poucos, se instaure a nivel clínico.
Gnosias: É a capacidade que ten o cerebro de reproducir o que aprendeu a través dos anos grazas aos sentidos. Cando se perde ou diminúe esta capacidade denomínase agnosia.
Hemianopsia: Falta de visión que afecta a un lado do campo visual.
Hemiparesia: Debilidade muscular nun lado do corpo.
Hemiplexía: Parálise dun lado do corpo.
Ictus: Ver sección ictus.
Paresia: Ausencia de movemento voluntario nun músculo ou nun grupo de músculos. Hai distintos tipos de paresias segundo a zona afectada. Por exemplo, a hemiparesia refírese á parálise dunha de metade do corpo, e é unha secuela típica do DCA.
Plasticidade cerebral: Capacidade do cerebro para cambiar, rexenerarse e amoldarse a novas situacións a través da aprendizaxe e da experiencia.
Praxias: Son os movementos coordinados que fai o noso corpo de xeito voluntario e que se dan grazas á orde que xera o cerebro.
Secuela cerebral: É unha consecuencia no corpo ou nas habilidades que se produce debido a un dano no cerebro. As secuelas dunha lesión cerebral poden ser apreciables a primeira vista, como as físicas, ou invisibles a ollos da persoa que non coñeza a lesión e as súas características, como no caso das secuelas cognitivas.
Taquicardia: É un ritmo cardíaco acelerado que pode implicar problemas co corazón.
Trombo: É un coágulo que non deixa pasar o sangue cara os vasos sanguíneos de forma normal. Cando o trombo bloquea de todo o paso do fluxo sanguíneo, prodúcese unha trombose que, no cerebro, pode causar ictus.
*Definicións extraídas do glosario da Federación Española de Daño Cerebral.