Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Glosario

Definición de palabras relacionadas co dano cerebral adquirido.

Acalculia. Trastorno do cerebro que non permite á persoa
comprender os números ou facer cálculos matemáticos.

Accidente cerebrovascular. Prodúcese cando o sangue
deixa de chegar ao cerebro ou chega en moi pouca cantidade

Acinesia. Perda do movemento.
O corpo non se pode mover de forma normal
Pode pasar despois dunha parálise ou dun coma.

Actividades da vida diaria. Actividades que facemos no noso día a día
como: vestirnos, ducharnos, chamar por teléfono ou usar medios de transporte.
Poder facer moitas destas actividades significa que somos
persoas autónomas e pouco ou nada dependentes.

Alexia. Perder a capacidade de ler.

Afasia. Lesión no cerebro que fai que unha persoa
perda a capacidade de falar, escribir, expresarse por signos
ou comprender a linguaxe oral ou escrita.

Agnosia. Lesión no cerebro que non permite á persoa
recoñecer sons, obxectos, o espazo e outra información
que nos chega a través dos sentidos.

Agrafía. Perder a capacidade de escribir.

Amnesia. Perda da memoria.
A amnesia pode provocar que a persoa non lembre
as cousas que lle pasaron antes da lesión
ou que non poida crear novos recordos.
A amnesia pódese dar ao sufrir unha lesión cerebral
e despois de espertar dun coma.
Pode ser unha amnesia pasaxeira ou perder a memoria para sempre.

Aneurisma. Lesión no cerebro que se produce cando un vaso sanguíneo
das arterias alóngase ou se bombea.

Apatía. Falta de entusiasmo e de ganas de facer as actividades
que antes se facían con normalidade.

Atrofia muscular. Deterioración dos músculos cando a persoa
non os pode mover porque perdeu a mobilidade
dalgunha parte do corpo.

Broncoaspiración. A comida ou os líquidos pasan á vía respiratoria
no canto de pasar ao aparello dixestivo.

Cerebro. Órgano principal do sistema nervioso.
Controla a información relacionada co movemento,
o coñecemento, os sentidos, as sensacións e en xeral,
todas as actividades que o noso corpo necesita para vivir.
    
Cognición. Capacidade de coñecer e comprender a información
que creamos a través das nosas experiencias, sensacións
e pensamentos.

Concentración. Capacidade de prestar atención a unha actividade
sen sentir cansazo, tensión ou desorientación.  

Contusión cerebral. Dano cerebral producido por un golpe na cabeza.

Craneotomía. Cirurxía que consiste en sacar parte do óso do cranio
para poder chegar ao cerebro. Ao terminar a operación volve colocar
o óso do cranio no seu sitio.

Dependencia. Característica dunha persoa que necesita axuda
para facer actividades da vida diaria como: ducharse, comer,
vestirse ou moverse.

Diplopía. Alteración da visión que consiste en que as imaxes
que chegan ao cerebro non se xuntan nunha soa.
Por tanto, a persoa que ten diplopía ve dobre.

Disartria. Dificultade para dicir palabras ou comprender o que outra persoa di.
Os motivos para ter esta dificultade son que os músculos da fala son
débiles, están paralizados ou non se poden coordinar entre si.
A disartria tamén pode estar acompañada por unha dificultade
para tragar alimentos.

Discapacidade. Limitación física, mental, intelectual ou dos sentidos
que ten unha persoa e que non lle permite facer algunhas actividades
como o resto de cidadáns e cidadás.
A discapacidade non está só na persoa.
Tamén o está nos espazos e na contorna que non está preparados
para adaptarse ás necesidades da persoa con discapacidade.

Disfaxia. Dificultade para tragar alimentos.

Disfonía. Perda do timbre normal da voz dunha persoa
ata quedar rouca.

Epilepsia. Enfermidade do cerebro que provoca ataques nunha persoa
e mesmo perda de coñecemento.
Estes ataques adoitan durar segundos ou minutos.

Escala Glasgow. Escala que valora o nivel de consciencia que ten
unha persoa despois dunha lesión cerebral.
Esta escala ten en conta se a persoa pode abrir os ollos,
se se pode mover e se pode falar.

Espasticidade. Trastorno do sistema nervioso que provoca rixidez
dos músculos.

Estado vexetativo. Estado no que unha persoa non se pode mover
nin relacionar coa contorna ou consigo mesmo de forma voluntaria.
Propúxose cambiar o nome de Estado vexetativo
por Síndrome de Vixilia sen Resposta.

Gnosia. Capacidade do cerebro de reproducir o que aprendeu
ao longo dos anos, a través dos sentidos.
A gnosia permítenos recoñecer obxectos, lugares e persoas
que vimos antes.
A perda desta capacidade chámase agnosia.

Hemianopsia. Falta de visión que afecta a unha parte do campo visual.

Hemiparesia. Debilidade nos músculos dun lado do corpo.

Hemiplexía. Parálise dun lado do corpo.

Ictus. Enfermidade que se produce cando o sangue non chega ao cerebro
ou chega en moi pouca cantidade.

Paresia. Falta de movemento voluntario nun músculo ou un grupo de
músculos do corpo.
Hai distintos tipos de  paresia dependendo da zona á que afecta.
Por exemplo, a hemiparesia é a parálise dunha metade do corpo
e é unha consecuencia típica do dano cerebral adquirido.

Plasticidade cerebral. Capacidade do cerebro para cambiar
e adaptarse a novas situacións a través da aprendizaxe
e a experiencia.

Praxias. Movementos coordinados que fai o noso corpo
de forma voluntaria grazas ás ordes que lle dá o cerebro.

Secuelas cerebrais. Consecuencias que ten o dano cerebral
no corpo dunha persoa, nas súas habilidades e na súa capacidade
para facer actividades.
As consecuencias poden ser visibles, cando son físicas
ou invisibles, cando teñen que ver coa capacidade mental e intelectual.

Taquicardia. Posibilidade de sufrir problemas no corazón
porque latexa a un ritmo máis rápido do normal.

Trombo. É a consecuencia de que o sangue se volva sólido
dentro dun vaso sanguíneo, se endureza e quede atrapado
dentro do vaso sanguíneo.
Cando isto pasa dise que se formou un coágulo de sangue
que provoca un trombo.
Cando o trombo non deixa que pase nada de sangue ao cerebro
pódese producir un ictus.