Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 22/11/2021 | Charla en Gondomar

Gondomar acolle unha charla sobre o dano cerebral o 10 de decembro

A traballadora social de FEGADACE falará sobre as causas, secuelas, e modelo de atención.

10/12/2021 - 10/12/2021 | Gondomar

A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, vai impartir unha charla destinada a dar a coñecer que é o dano cerebral, cales son as súas principais causas, que mecanismos existen para a prevención e de que maneira organizamos o modelo de atención e rehabilitación. Diríxese tanto a persoas e familiares de persoas con dano cerebral como á poboación xeral; a calquera que queira saber mellor en que consiste e como se pode axudar a evitar o dano cerebral.
 
A charla vai ter lugar no Centro Neural (Avenida do Conde, s/n) de Gondomar a partir das 11:00. Para asistir é necesario inscribirse chamando ao teléfono 986 360 168.
 
Lugar de celebración:

Centro Neural
(Avenida do Conde, s/n)
11:00 hh.

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)