Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DCA Ourense | 28/12/2022 | Membros do grupo de aprendizaxe cooperativa de DCA Ourense

Grupo de aprendizaxe cooperativa de DCA Ourense: un lugar de acceso á comunidade

Desenvolve actividades como deporte adaptado, visitas culturais, cinefórum, saídas ou novas tecnoloxías.

28/12/2022 | Ourense

O grupo de aprendizaxe cooperativa de DCA Ourense é un espazo pedagóxico onde se traballa de maneira conxunta. Estas sesións teñen unha duración de catro horas, desenvólvense todos os mércores, e buscan fomentar a interacción social, xerar espazos de acceso á comunidade e o traballo en equipo.

Un dos obxectivos principais é abrir unha canle de comunicación entre as persoas usuarias da asociación de dano cerebral de Ourense e o equipo profesional onde poidan expresar as súas necesidades e inquietudes da vida diaria. Por iso, nestas sesións desenvólvense actividades como deporte adaptado, visitas culturais, cinefórum, saídas de lecer, manualidades, laborterapia ou novas tecnoloxías; mellorando desta maneira a autonomía, a accesibilidade á contorna, a autoestima e a satisfacción persoal.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense