Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Grupos de traballo

FEGADACE participa en grupos de traballo e comités consultivos que a Administración e outras entidades convocan para nutrirse das propostas sectoriais de diferentes colectivos.

Consello Asesor de Pacientes

O Consello Asesor de Pacientes é un organismo consultivo da Consellería de Sanidade no que se avalían diferentes publicacións e actuacións relacionadas coa sanidade en Galicia, dando voz ás asociacións que representan tanto aos e ás pacientes como ás persoas coidadoras.