Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

A guía sobre o DCA para familias xa conta con versión en castelán

A guía foi elaborada por un grupo de traballo formado por profesionais das asociacións e da federación.

18/11/2019 | Santiago

Xa está dispoñible na súa versión dixital a versión en castelán da guía Cosas que debes saber sobre el daño cerebral adquirido cuando tu familiar está en el hospital, que foi elaborada o pasado ano por un grupo de traballo composto por profesionais das asociacións e da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE).

Esta guía xurdiu da detección por parte de FEGADACE de que a falta de información é un dos principais obstáculos para o acceso aos recursos necesarios de atención e rehabilitación para o dano cerebral. Unido a isto, o dano cerebral é unha discapacidade que chega de maneira repentina, trastocando o proxecto vital tanto da persoa como da familia.  É por iso que os obxectivos desta guía son os de paliar a desorientación e angustia que se produce nos primeiros intres da chegada do dano cerebral e tamén informar ás persoas e familiares dos dereitos e dos recursos de apoio, atención e rehabilitación cos que contan na súa contorna.

A guía Cosas que debes saber sobre el daño cerebral adquirido cuando tu familiar está en el hospital  forma parte dun proxecto executado ao longo do ano pasado co apoio da Deputación da Coruña, destinado a mellorar a información que as familias e as persoas con dano cerebral adquirido teñen sobre a súa discapacidade, e que xa está a empregarse nos servizos de información e orientación das cinco aso

Arquivada en:
A Federación > Que é FEGADACE
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)