Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Navidad 2020. Guía de recomendaciones | 15/12/2020 | Portada 'Navidad 2020. Guía de recomendaciones'

Guía de recomendacións para un Nadal seguro fronte ao coronavirus

Un grupo de especialistas reuniu consellos para organizar os encontros reducindo o risco de contaxios.

23/12/2020

Un grupo de especialistas en diferentes disciplinas (aerosoles, microbioloxía, medicina preventiva, neuropsiquiatría...) elaborou un documento de recomendacións para reducir o risco de contaxios por coronavirus durante as festas de Nadal. A guía, que se basea nas premisas de que este Nadal nin pode nin debe ser normal, recolle consellos para preparar as reunión sociais, as viaxes, sobre a realización de probas, ou sobre o protocolo a seguir á mesa. Os autores e autoras lembran que este listado de consideracións están destinadas a complementar, non a substituír, as instrucións das autoridades sanitarias, que son as de obrigado cumprimento para toda a cidadanía.

O punto de partida é lembrar os 3 M: empregar a Máscara, lavar ben as Mans con auga e xabón, e manter 1,5 Metros de distancia interpersoal.

As recomendacións previas ás xuntanzas resúmense en que se deben evitar as aglomeracións e tamén os contactos previos aos xantares e ceas de Nadal. O máis aconsellable sería non viaxar, e pasar as festas coas persoas coas que se convive.

En canto aos encontros, o grupo de especialistas recomenda facelos ao aire libre, evitando aglomeracións. Unha suxestión é dar paseos ou verse en parques para intercambiar agasallos. Reducir o tempo e ampliar a distancia tamén forman parte dos consellos da guía, que non esquece a posibilidade de adaptalos a unha versión dixital.

Por último, o documento analiza e avalía o uso de probas como mecanismo de seguridade previo aos encontros, e achega propostas para a mesa e sobremesa nos días centrais das festas.

Consulta aquí: Navidad 2020. Guía de recomendaciones

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19