Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | 06/08/2020 | Persoa na praia

A importancia de manter hábitos saudables no verán para previr o ictus

Os accidentes cerebrovasculares supoñen arredor do 80% dos casos de dano cerebral adquirido.

06/08/2020 | Galicia

As altas temperaturas e os cambios nas rutinas das persoas durante o verán poden aumentar o risco de ter un ictus, a primeira causa do dano cerebral adquirido. Nestes meses non podemos descoidar unha serie de hábitos saudables que establecemos o resto do ano e que axudan a mitigar as posibilidades de sufrilo e que destacamos a continuación:
 
  • Levar unha alimentación sana e equilibrada, evitando graxas saturadas e limitando o consumo de alcol.
  • Manter unha boa hidratación.
  • Evitar o tabaco e o consumo de drogas.
  • Realizar un mínimo de 40 minutos de exercicio moderado ao día, preferiblemente durante as primeiras horas da mañá ou o atardecer.
  • Evitar as horas de calor máis intensa, entre as 11 e as 17h.
  • Manter activo o cerebro a través da lectura ou calquera outro desafío intelectual.
  • Descansar e durmir ben.

En resumo, durante as vacacións leva unha vida sana e activa tanto a nivel físico como cognitivo, pero sen esquecerse de disfrutar deses días de descanso.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Educación para a saúde > Prevención do dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)