Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 29/07/2020 | O presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, e a subdirectora da oficina Store Compostela de Caixabank, Paula García

A Obra Social La Caixa volve apoiar a FEGADACE cunha doazón de 6.000 euros

Os fondos contribuirán á adquisición de materiais de hixiene e protección fronte a COVID-19.

29/07/2020 | Santiago

O presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, recibiu hoxe da subdirectora da oficina Store Compostela de Caixabank, Paula García, unha doazón excepcional de 6.000 euros que contribuirán ao fortalecemento da Federación apoiando, entre outras liñas estruturais, a dotación de medidas de seguridade e protección fronte á COVID-19.

Este é o cuarto ano consecutivo no que a Obra Social La Caixa, a través da súa oficina Store de Santiago de Compostela, apoia economicamente ao movemento asociativo do dano cerebral en Galicia. A achega recibida hoxe, de carácter excepcional, está motivada pola situación tamén extraordinaria que estamos a vivir por causa da pandemia da COVID-19.

Le aquí a información sobre a doazón de 2019.

Arquivada en:
Transparencia > Financiadores
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)