Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Inclusión social

Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais para estender a asistencia persoal

O CERMI saúda este avance do SAAD e comprométese a incidir a nivel autonómico para despregar esta figura.

26/05/2023

O Consello Territorial de Servizos Sociais e para o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD), órgano rector que reune ao Estado e ás comunidades autónomas, acordou nunha xuntanza realizada o pasado 12 de maio estender a figura da asistencia persoal, definindo e regulando as condicións para o seu exercicio.

O CERMI saudou esta medida, que considera un "avance", xa que é a primeira vez que o Consello adoptou un acordo relacionado coa devandita figura, esencial para as persoas con discapacidade e en situación de dependencia con maiores necesidades de apoio. Segundo o CERMI, tras 17 anos da creación do SAAD, o número de prestacións de asistencia persoal supón só o 0,5% de todas as concedidas polo Sistema. Esta circunstancia é debida en boa medida á aurencia de regulamento dunhas condicións comúns de configuración e de acceso.

Porén, a asistencia persoal é o apoio social máis inclusivo, e trátase dunha figura determinante para a inclusión comunitaria das persoas con discapacidade.

Pola súa banda, o 17 de maio tivo lugar a Conferencia CERMI Territorios, na que os CERMIs autonómicos se comprometeron a incrementar a incidencia política para o despregamento da asistencia persoal en cada unha das súas áreas de influencia. Así, as plataformas territoriais comprometéronse a despregar "unha intensa acción de proposta e incidencia política perante as administracións sociais, tanto a escala estata como autonómica, vencendo resistencias e favorecendo o consenso sobre unha figura determinante na inclusión da comunidade das persoas con discapacidade".

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > CERMI Galicia