Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 23/02/2023 | Luns de entroido en ADACE Lugo

ADACE Lugo organizou unha festa de disfraces o luns de entroido

Unha actividade de lecer que forma parte do traballo a prol da inclusión das persoas con dano cerebral.

23/02/2023 | Lugo

As persoas usuarias de ADACE Lugo gozaron na tarde do luns de entroido dunha gran festa de disfraces. Organizaron un desfile e entregaron diplomas ao mellor traxe, ao máis orixinal...

A festa de entroido incluíu xogos, como o das cadeiras ou a piñata, un karaoke, e, por suposto, a degustación de produtos de entroido como as filloas e as orellas.

Este tipo de actividades forman parte do programa de lecer da asociación de Lugo, que promove o goce do tempo libre e as actividades de convivencia como mecanismos para a mellora da autoestima e do benestar xeral das persoas con dano cerebral adquirido.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)