Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sergas | | Biblioterapia para o benestar emocional

'Biblioterapia': un apoio terapéutico para algunhas secuelas do dano cerebral

Recomendacións da 'Xanela Aberta á Familia' do Sergas para ansiedade, estrés, dó, depresión, autoestima...

03/01/2022 | Online

"Biblioterapia é o uso da lectura cun obxectivo terapéutico ou de desenvolvemento persoal. Podes recorrer a ela para apoiar os tratamentos de trastornos mentais e de problemas emocionais principalmente." Así comeza o apartado de recomendacións bibliográficas que recompila a web Xanela Aberta á Familia do Sergas, que recolle a ata 142 títulos clasificados polos trastornos que poden axudar a resolver.
 
Accede aquí ao catálogo de BIBLIOTERAPIA

A selección de libros está clasificada por idades, trastornos nos que poden intervir, e xéneros, formatos e niveis de dificultade. Moitos dos obxectivos de apoio terapéutico son de grande utilidade para as persoas con dano cerebral adquirido, xa que coinciden coas secuelas máis comúns que presenta o noso colectivo a nivel emocional: emocións negativas, dificultades nas relacións e interaccións sociais, resiliencia, tristeza, depresión, ansiedade, estrés, desenvolvemento persoal, autoestima, dó -especialmente no caso das familias e persoas coidadoras, que teñen que pasalo para adaptarse á nova situación-, obsesións...

Todos os libros recomendados pola Xanela Aberta forman parte do catálogo da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia (moitas tamén en formato electrónico) e das bibliotecas dos proncipais hospitais.

Xanela Aberta á Familia é unha web do Sergas con información destinada a promover e informar sobre o mantemento de hábitos saudables durante a crianza, procurando o benestar de toda a familia.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Consecuencias